1. |
Colonia Clonal
06:04
|
|||
Nacen novas pólas,
neste ser de raíces inmensas
Medrará sen parar
e amarrar o seu corpo na terra
Cada vez máis grande e pesada, esta planta,
así sobrevive ao calor é a xeada
Bosque infinito
Medra caótico
Verde lento e selvático
Poderá respirar a través
deste aire tan cálido
Cada vez máis grande e pesada, esta planta,
así sobrevive ao calor é a xeada
|
||||
2. |
Órbita
03:35
|
|||
Non sei, onde está
Se marchou ou regresará
Cae polvo estelar
Entre as túas mans
Sen que o podas ver
Sen podelo evitar
Espera
Voltara
Que foi, que é o que vin
Foi real, non imaxinacións
Buscando ata o fin
Confiando nas visións
Sen que o podas ver
Sen podelo evitar
|
||||
3. |
Pegadas
05:01
|
|||
Cando na noite non se ve nada
segue o rastro segue as pegadas
pero non penses que vai ser facil
o teu cerebro vólvese fráxil
Ten que ser infernal só pensar no final
As criaturas miran con forza
as árbores calan pero escoitan
e non confíes na luz da lúa
porque esta fase é moi escura
|
||||
4. |
Timidez Botánica
04:24
|
|||
Vento, sopra
Entre no-los dous
O sol, brilla
O noso redor
Ó teu carón enraizarei
E a pesar de ser irmáns
Non chegará tempo e lugar
Onde escoitar, onde tocar
Timidez botánica
Timidez orgánica
Eterna loita
Cun mesmo final
Ó teu carón enraizarei
E a pesar de ser irmáns
Non chegará tempo e lugar
Onde escoitar, onde mirar
|
||||
5. |
Querqus Robur
05:41
|
|||
Esperta o amencer
outra vez
O orballo ós teus pés
Onde caen as landras
Escuro, outro día máis
Contemplei
Un ceo gris como endexamais
Onde caen as landras
Onde caen as landras
Arrincou as raíces do meu lar
deixando atrás, deixando atrás
Xeracións caeron hoxe en min
Deixando atrás. deixando atrás
Trona, un raio ó meu carón
Estoupa, o raio ó meu redor
Follas, protéxenme de vós
Ata que as polas, ceden ó peor
Desta tempestade, tempestade
|
Ollo, Lóstrego! Vigo, Spain
ENG:
Ollo, Lóstrego! is a Galician rock trio with post-rock, alternative and progressive rock tints formed
by Simón, Noel and Marcos in 2019 in Vigo (Galiza, Spain).
GAL:
Ollo, Lóstrego! é un trío galego de rock con tintes postrock, rock alternativo e progresivo formado por Simón, Noel e Marcos no ano 2019 en Vigo (Galiza, España).
booking: ollolostrego@gmail.com
... more
Streaming and Download help
Ollo, Lóstrego! recommends:
If you like Ollo, Lóstrego!, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp